Estudo de reconfiguración do Sistema de Transporte Público de Viaxeiros por Estrada en Castilla – La Mancha e a execución das actuacións para a súa implantación

CLIENTE

Junta de Castilla – La Mancha

Ano

2016

Mercado

Administracións Públicas

Servizo

Desenvolvemento de ferramentas de planificación da mobilidade, PMU’s, PTM’s, PTT

Actividades

O traballo consistiu na reordenación e implantación do novo sistema de transporte público por estrada de uso xeral de  Castilla–La Mancha. Para iso, realizáronse as seguintes actividades:
  • Redeseño dos servizos de transporte público por estrada en ámbitos zonais e liñais, atendendo á integración do uso escolar e uso xeral de competencia estatal naqueles ámbitos nos que resulta funcional e economicamente viable.
  • Redacción dos anteproxectos de servizos correspondentes aos distintos ámbitos, incluíndo o Plan de explotación e as correspondentes memorias económicas.
  • Redacción dos pregos de licitación dos distintos tipos de contratos, e apoio na licitación dos primeiros catro contratos zonais, Serranía Alta-Alcarria de Cuenca, Comarcas do Sur de Ciudad Real, Serra Sur de Albacete e Señorío de Molina.
De forma paralela e ao longo de todo o traballo realizáronse labores de asistencia técnica á Consejería de Fomento na xestión e coordinación da renovación dos contratos vixentes, e na análise do impacto sobre o sistema de transporte de Castilla-La Mancha do proceso de licitación do Ministerio de Fomento dos contratos VAC, e as medidas necesarias para levar a bo termo a segregación dos tráficos internos a Castilla-La Mancha donde resultase beneficioso para a rexión.