SERVIZOS DE APOIO Á XESTIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE PÚBLICO

Servizos dirixidos a Administracións Públicas con competencia en materia de transporte e que teñen como obxectivos ben o desenvolvemento de proxectos e/ou recomendacións que deriven nunha mellora da eficiencia dos servizos de transporte público ou ben unha análise do cumprimento das obrigas de servizo.

Contamos cunha extensa experiencia no deseño de novos servizos de transporte público tanto no ámbito autonómico como provincial, mediante a elaboración de novos mapas concesionais e plans de transporte público, así como os procesos de licitación asociados a estes, coma no ámbito urbano, mediante a definición de servizos e pregos.
Na xestión de servizos en funcionamento, damos apoio á Administración nas tarefas de control da prestación efectiva do servizo e de adecuación da oferta ás necesidades que resultan cambiantes no tempo.
Todos estes traballos son realizados mediante metodoloxías e software innovadores que permitiron a posta en marcha e/ou mellora de decenas de contratos e centos de servizos tanto de uso xeral, especial, integrados e con fórmulas de explotación convencional ou á demanda.
Igualmente, prestamos servizos a operadores de transportes nos seguintes ámbitos: soporte no desenvolvemento de ofertas en concursos públicos (estudos de demanda, plans de explotación, análises económico-financieras) e asesoramento en procesos de optimización de explotacións en curso (estudos de itinerarios e análises custos/ingresos).
Así, entre os servizos prestados en relación á xestión do servizo de transporte público atópanse:
Plans de reordenación de sistemas de transporte
Elaboración de mapas concesionais
Apoio nos procesos de licitacións de novas concesións
Asistencia técnica en control da prestación do servizo
Apoio á elaboración de propostas para concursos públicos
Asistencia técnica para optimización da explotación

Vexa todas as nosas referencias en servizos de Apoio á Xestión do Servizo de Transporte Público

Clientes principais

Contacto

Queres saber máis?

Traballa no sector da enxeñaría? Para máis información, contacte co noso equipo comercial en temagc@temagc.com ou chámanos ao +34 91 413 21 63

    Nombre (requerido)

    Apellidos (requerido)

    Tu correo electrónico (requerido)

    Empresa

    Mensaje

    Acepto los términos y condiciones del aviso legal