iPlan Movilidad elabora a memoria anual do Plan de Transporte Público para a Xunta de Galicia

Este é o primeiro informe que publícase sobre os antecedentes, evolución, resultados e próximos pasos do transporte público na Comunidade.

Como parte do traballo de iPlan Movilidad na Asistencia Técnica para a Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, elaborouse este importante documento que preséntase por primeira vez de xeito público. Incluso, poderá ser consultado na páxina web bus.gal nun exercicio de transparencia.

Os esforzos do equipo de consultores da nosa empresa, conformado por profesionais de diversas áreas, enfocouse na elaboración deste informe para que fose detallado, pero que recollese de xeito accesible y claro os traballos realizados, os resultados recopilados, a evolución do transporte; e os próximos pasos que terán lugar no transporte público en Galicia.

Un documento pioneiro

A Memoria Anual do Plan de Transporte Público da Xunta de Galicia é o primeiro balance que se realiza sobre o transporte público interurbano por estrada xestionado pola Xunta, renovado completamente durante o ano 2020. Pero ademáis, inclúese un informe retrospectivo sobre a evolución do transporte público dende o inicio do proceso de modernización, en 2016.

O contido da Memoria desenvólvese en oito capítulos nos que se detallan as actuacións levadas a cabo no sistema, a oferta e demanda de servizos, os medios de pago, a evolución da inversión e a relación co cidadán. De xeito destacado, inclúese un capítulo sobre a evolución do transporte público durante o Covid-19.

Na Memoria tamén hai espazo para a análise dos novos servizos iniciados co Plan de Transporte Público de Galicia  para amplia-la cobertura territorial do autobús interurbano nun territorio cunha poboación moi dispersa, como son as modalidades do transporte compartido e os servizos baixo demanda.

 

Podes acceder ao informe aquí: www.bus.gal