iPlan finaliza a redacción do PMUS de Ames

O noso equipo concluíu a redacción do Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Ames despois de seis meses de traballo. Este documento é unha ferramenta importante de planificación estratéxica que contempla distintas actuacións de mobilidade na contorna local e xa está dispoñible para a súa consulta pública.

Durante o proceso de elaboración do PMUS os profesionais de iPlan, con gran experiencia en mobilidade, traballaron para formular solucións que melloren a contorna do Concello de Ames, como a creación dunha rede de itinerarios peonís, camiños escolares e mobilidade ciclista, entre outras. Para valorar a situación actual e as posibles actuacións, realizaron traballos de campo, enquisas e análises das características do Concello; e deste xeito, coñecer todas as necesidades en termos de mobilidade da poboación local.

O PMUS deseñado para Ames fundaméntase en tres áreas: peonil, ciclista e transporte público, nas que se basean os 12 programas de actuación creados para mellorar a conectividade e calidade de vida no Concello:

  • Programa de mobilidade peonil
  • Programa de mobilidade ciclista
  • Programa de potenciación do transporte público
  • Programa de control e ordenación do tráfico e estrutura da rede viaria
  • Programa de xestión e regulación do Estacionamento
  • Programa Mellora Distribución Urbana de Mercadorías
  • Programa de seguridade viaria
  • Programa de melloras de calidade ambiental e aforro enerxético
  • Programa de promoción de boas prácticas en mobilidade
  • Programa de desenvolvemento de tecnoloxías aplicadas á mobilidade
  • Programa de integración da mobilidade nas políticas urbanísticas
  • Programa de incentivos. Outras medidas de apoio á mobilidade

Na web do proxecto www.pmusames.gal, está dispoñible o documento para a súa consulta e pódese coñecer con detalle as principais accións que se van aplicar e traballar en cada zona.

 

Impulso Europeo

Este proxecto está enmarcado dentro do Plan Impulsa Ames, cofinanciado pola Unión Europea, a través do FEDER no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

O servizo de redacción do PMUS está incluído no Obxectivo Temático 4 de Cambio Climático, da EDUSI Impulsa Ames, orientado a «Fomentar a transición cara a unha economía baixa en carbono en todos os sectores». En concreto, enmárcase na liña de actuación número 4: Programa de mellora integral da mobilidade e a conectividade por transporte público.

Lembra que, para máis información, podes consultar www.pmusames.gal

Ou os distintos Medios de Comunicación:
https://www.elcorreogallego.es/concellos/nace-un-plan-de-movilidad-que-guiara-cualquier-desplazamiento-del-siglo-xxi-BF8799175

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/ames/2021/07/28/ames-planifica-movilidad-sostenible-mejor-comunicada-santiago-entorno/0003_202107S28C4991.htm

Se necesita asesoramento para o seu concello, comunidade, etc, non dubide en poñerse en contacto connosco en: info@iplanmovilidad.com ou no teléfono +34 981 112 800