Calidade e Responsabilidade Social Corporativa

Proxectos desenvolvidos de forma sostible e transparente

  RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

En iPlan Movilidad queremos realizar o noso traballo de forma sostible e transparente, de forma que durante a elaboración dos nosos proxectos nos esforzamos para que se respecten os nosos principios:

A boa fe ante os nosos clientes
Transparencia informativa dos nosos procesos
Conciliación laboral
Aforro enerxético e redución de consumibles
Compromiso social

  POLÍTICA DE CALIDADE E MEDIO AMBIENTE

Por desexo da Dirección, o Responsable de Calidade e Medio Ambiente estableceu e implantou un sistema da Calidade e Medio Ambiente en base aos requisitos da norma UNE-EN-ISO 9001:2015 “Sistemas de xestión da Calidade” e UNE-EN-ISO 14001:2015 “Sistema de Xestión Medioambiental” na nosa actividade de “Desenvolvemento de proxectos e consultoría en planificación, tráfico e economía de transporte, no sector de transportes”. Tamén temos implantado un Sistema de Investigación de Mercados baseado na UNE-EN-ISO 20252.
A misión e obxectivo prioritario de iPlan Movilidad, S.A. é a plena satisfacción dos nosos clientes xunto co cumprimento dos requisitos legais e regulamentarios. Para iso, iPlan Movilidad, S.A. acepta o compromiso de ofrecer a maior calidade e o mellor servizo nos seus produtos, de forma que todos os nosos clientes conten cunha empresa á súa disposición para ofrecerlles solucións serias e responsables, así como a mellora continua en todos os procesos desenvolvidos para a obtención do noso produto.

O Sistema da Calidad e Medio Ambiente ten como finalidade a consecución da satisfacción dos clientes de iPlan Movilidad, S.A. grazas ao cumprimento dos requisitos, nos prazos e prezos fixados. Para iso, o Sistema de Calidade e Medio Ambiente, así como o de Investigación de Mercados, Social e de Opinión, ten como obxectivos:

  • Cumprimento dos requisitos ofertados aos clientes, consolidando a confianza en iPlan Movilidad, S.A.
  • Xestión e control eficaz dos procesos de elaboración de estudos, informes, proxectos, asesoramento e servizos técnicos no ámbito do transporte, minimizando o impacto ambiental que se poida xerar.
  • Mellora continua dos procesos anteriores, e de todos los demais procesos, en concordancia coa calidade e o medio ambiente, sobre a base da protección do medio ambiente e a prevención da contaminación.
  • Cumprir coa lexislación vixente que sexa aplicable, así como outros requisitos que a organización subscriba relacionados cos seus aspectos ambientais para a mellora do desempeño ambiental.
  • Asignación eficaz de funcións, recursos e responsabilidades, proporcionando a documentación, implementación e mantementos adecuados.
  • Comunicación, concienciación e motivación do persoal da Compañía, sobre a importancia da implantación e desenvolvemento dun Sistema da Calidade e Medio Ambiente e sobre a súa implicación no cumprimento das expectativas dos clientes.
  • Cooperación con clientes e subcontratistas.
  • O aseguramento de que todas as persoas que inflúen na Calidade e Medio Ambiente coñecen a política de iPlan Movilidad, S.A. conséguese grazas á difusión da mesma a todos os niveis da organización e a todas as partes interesadas, incluíndo o público que queira coñecela.
  • Esta política é o marco de referencia para establecer e revisar periodicamente os obxectivos e metas ambientais a través das reunións anuais do sistema pola Dirección.
  • Esta política de Calidade e Medio Ambiente é apropiada á natureza, magnitude e impactos ambientais que nos afectan, tales coma o consumo de papel e cartón, enerxía, auga e tóner; así como os das súas actividades, produtos e servizos.