Asistencia Técnica para a redacción dos plans de explotación, iniciais e definitivos, e os pregos de licitación das futuras concesións do novo Mapa Concesional do Transporte Público regular de viaxeiros por estrada de Aragón

CLIENTE

Gobierno de Aragón

Ano

2017

Mercado

Administracións Públicas

Servizo

Desenvolvemento de ferramentas de planificación da mobilidade, PMU’s, PTM’s PTT

Actividades

O transporte público colectivo en Aragón vén determinado pola súa extensión territorial e a súa dispersión poboacional, o que condiciona o deseño dun sistema de transporte financeiramente viable.
Existen aproximadamente 300 núcleos sen servizo e outros co servizo inadecuado. Cabe resaltar que se producen duplicidades nos servizos de uso xeral e o escolar e existe unha baixa cobertura económica (ingresos / custos) dos servizos.
O presente contrato vén dar solución a esta problemática mediante o deseño duns servizos eficientes que permita facer efectivas e eficientes as comunicacións en transporte público no ámbito. Con este obxectivo, o traballo desenvolveuse segundo as seguintes actividades:
  • Diagnose do Nivel de Servizo Actual
  • Determinación da nova estrutura de servizos
  • Redacción dos plans de explotación
  • Redacción dos pregos de licitación.
Actualmente foron publicados os Plans de Explotación.