ESTUDOS DE TRÁFICO E MOBILIDADE

Ofrecemos ás institucións públicas, xa sexan estatais, autonómicas, locais ou organismos de titularidade Pública, servizos de consultoría e asistencia técnica na área da mobilidade urbana e interurbana, cubrindo desde aspectos máis específicos coma a análise de modos específicos coma o transporte público ou o tráfico, ata máis amplos coma a elaboración de plans de mobilidade sostible, mapas de servizos, análises de viabilidade de novas infraestruturas ou servizos de transportes ou plans de transporte metropolitano, entre outros.

Entre estes estudos atópanse análises de reordenación de interseccións ou viarios urbanos. O obxectivo destes estudos ten principalmente que ver con obxectivar que o funcionamento actual ou futuro dunha infraestrutura viaria é adecuado; analizando para iso o tráfico actual, determinando o tráfico futuro e caracterizando o funcionamento mediante a determinación do nivel de servizo e o cociente intensidade-capacidade, entre outros.
Na realización destes servizos utilizamos diferentes ferramentas de análise entre as que destacan programas tanto de modelización a escala macro (Modelos estratéxicos de transportes) como escala meso e micro (Programas informáticos de microsimulación).
Son diferentes tipos de proxectos os que se atopan nesta categoría de servizos, entre os que destacan:
Estudos de tráfico de novas infraestruturas para estudos informativos, proxectos de construcción ou trazado…
Estudos de impacto no tráfico e a mobilidade de novos desenvolvementos urbanísticos ou de diferentes figuras de planeamento.
Estudos de impacto no tráfico e a mobilidade para a implantación de actividades con gran atracción de viaxes (Centros Comerciais, Polígonos Industriais, Aeroportos, Portos, Hospitais…).
Estudos de optimización ou mellora do tráfico urbano ou metropolitano.

Vexa todas as nosas referencias en servizos de Estudos de Tráfico e Mobilidade

Clientes principais

Contacto

Queres saber máis?

Traballa no sector da enxeñaría? Para máis información, contacte co noso equipo comercial en temagc@temagc.com ou chámenos ao +34 91 413 21 63

    Nombre (requerido)

    Apellidos (requerido)

    Tu correo electrónico (requerido)

    Empresa

    Mensaje

    Acepto los términos y condiciones del aviso legal