iPlan Movilidad, S.L. nace coa ambición de resultar unha ferramenta eficaz e innovadora na abordaxe de calquera problemática relativa á mobilidade, ofrecendo sempre a excelencia nos seus servizos.
O principal obxectivo de iPlan Movilidad, S.L. é a planificación e xestión eficiente e eficaz da mobilidade a nivel integral e global; desde as primeiras fases de deseño e planificación ata os complexos procesos de implementación e negociación cos diversos axentes implicados, achegando resultados de primeira calidade aos seus clientes e implementando solucións que aseguran a súa eficacia.
iPlan Movilidad, S.L. é un proxecto avalado pola extensa traxectoria do equipo humano multidisciplinar que o conforma. Economistas, Enxeñeiros, Xeógrafos e Avogados, con máis de 15 anos de experiencia no campo da consultoría de transporte e mobilidade, tanto no ámbito público coma no privado, forman o principal activo de iPlan Movilidad, S.L.
En definitiva, iPlan Movilidad, S.L. conta cun equipo altamente cualificado e multidisciplinar orientado ao cliente e á consecución da máxima calidade dos servizos ofrecidos, cunha estrutura organizativa flexible, cohesionada e de proximidade que garante unha resposta rápida, de máxima solvencia e cun resultado positivo.
.