Elaboración da Estratexia de mellora e xestión do espazo público e da mobilidade no Concello de Carballo

CLIENTE

Concello de Carballo

Ano

2017

Mercado

Operadores de Transporte

Servizo

Desenvolvemento de ferramentas de planificación da mobilidade, PMU’s, PTM’s PTT

Actividades

O obxectivo principal do proxecto foi dotar o municipio dunha potente ferramenta estratéxica que conforme o marco idóneo para a implementación das medidas necesarias para a consecución dun transporte máis sustentable, compatible co desenvolvemento económico, a cohesión social e a defensa do medio ambiente, en distintos escenarios temporais de curto, medio e longo prazo.
No desenvolvemento do Plan leváronse a cabo as seguintes tarefas:
  • Deseño e Realización de traballos de campo: enquisas telefónicas de mobilidade, enquisas e aforos de vehículo privado e enquisas e aforos a peóns e ciclistas.
  • Elaboración dunha Análise e Diagnóstico da mobilidade do municipio.
  • Desenvolvemento dun Plan de propostas de Mobilidade para o municipio.
  • Desenvolvemento do Plan de Seguimento.
  • Desenvolvemento do Plan de Participación Pública, ao que desde o concello outorgaron a máxima importancia cun dobre obxectivo:
    • Poñer en valor o coñecemento do sistema de mobilidade dos seus principais actores e usuarios.
    • A implicación da cidadanía coa mobilidade sostible e a futura implantación de actuacións.