Asesoramento e Asistencia á Dirección Xeral de Mobilidade na implantación e xestión da primeira fase do Plan de Transporte Público de Galicia

CLIENTE

Xunta de Galicia

Ano

2017 – 2018

Mercado

Administracións Públicas

Servicio

Xestión do tráfico, o transporte e a mobilidade

Actividades

Coa posta en marcha da Fase I do Plan de Transporte Público de Galicia, introducíronse elementos novos nestes contratos, que derivan á súa vez en novos procedementos e novas obrigas para os seus adxudicatarios, así como tamén novos protocolos de actuación para a Administración. Así, a implantación destes servizos leva asociada unha serie de tarefas complexas tanto pola súa innovación dentro do transporte público galego como pola necesidade de articular ferramentas que permitan acometer de forma adecuada as ditas tarefas, e na medida do posible, simplificalas ou mecanizalas. Ao mesmo tempo, será necesario realizar un labor de orientación a uns operadores de transporte que, durante moitos anos, seguiron un mesmo esquema na xestión dos servizos, e que agora deberán adaptarse ao novo sistema e aos novos requirimentos que o mesmo leva asociados.
O presente contrato de asesoramento e asistencia técnica implica un apoio á Administración no novo escenario de servizos, equivalente a 41 novas concesións, así como tamén no tratamento dos contratos en situación de continuidade, 68 concesións.
De forma particular, a asistencia engloba as seguintes tarefas:
  • Seguimento xeral do sistema de transporte público integrado de Galicia
  • Xestión de compensacións por obrigas de servizo público e derivadas da aplicación do sistema tarifario
  • Adaptación dos servizos ás demandas ou novas necesidades da comunidade educativa
  • Colaboración na xestión do sistema de transporte público baixo demanda
  • Colaboración na análise e introdución de modificacións nos novos contratos, así como no seguimento das obrigas contractuais
  • Asistencia funcional no desenvolvemento de novas ferramentas tecnolóxicas e na evolución da existentes
  • Atención, análise e preparación de informes ou propostas de contestación a reclamacións, demandas, peticións ou queixas formuladas por persoas usuarias