Asesoramento e Asistencia á Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia en materia de transporte público colectivo regular de uso xeral

CLIENTE

Xunta de Galicia

Ano

2016

Mercado

Administracións Públicas

Servizo

Xestión do tráfico, o transporte e a mobilidade

Actividades

A finalidade desta asistencia é proporcionar apoio técnico á Dirección Xeral de Mobilidade nas diversas actuacións que vén realizando en materia de transporte público de uso xeral en Galicia e que teñen como función mellorar a súa sostibilidade e eficiencia. Cabe destacar dentro desta asistencia o apoio para a posta en marcha das Áreas de Transporte Metropolitanas actualmente activas en Galicia e análises de restruturacións de concesións vixentes.
De forma particular, a asistencia engloba as seguintes tarefas:
1. Tarefas relacionadas coas Áreas de Transporte Metropolitano:
  • Programa tarifario.
    • Determinación do custo, para as diferentes administracións, da ampliación de áreas existentes ou implementación de novas áreas.
    • Cálculo e revisión dos niveis de compensación aos distintos operadores.
  • Programa de oferta.
    • Análise ou formulación de propostas de mellora a petición da administración, incluíndo a análise da súa viabilidade económica e eficiencia, e determinar, no seu caso, os criterios técnicos e económicos de prestación.
    • Elaboración dos documentos técnicos que resulten precisos en procesos de licitación pública de novos servizos.
  • Outras tarefas que requiran dun asesoramento técnico especializado en cuestións de mobilidade.
2. Tarefas relacionadas co sistema de transporte público regular permanente de persoas de uso xeral:
  • Expedientes de modificación de contratos.
    • Análise das propostas realizadas polos operadores e emisión de informes nos que se inclúa a formulación de alternativas centrándose na revisión económico-financeira de cada unha das propostas.
  • Análise da prestación de servizos de transporte público de uso xeral e emisión de informes solicitados pola Administración.
3. Tarefas relacionadas co sistema de transporte público regular de duración temporal de persoas de uso xeral:
  • Elaboración de anteproxectos de prestación de servizos regulares de duración temporal, así como toda a documentación técnica que resulte precisa para a súa adxudicación.
4. Outras tarefas:
  • Emisión de informes técnicos sobre materias vinculadas á Dirección Xeral de Mobilidade en relación co transporte público de persoas.
  • Análise e formulación de propostas sobre actuacións puntuais e programas piloto en materia de transporte público de persoas que a Dirección Xeral de Mobilidade poida levar a cabo.
  • Elaboración de informes e ditames de contido económico sobre reclamacións formuladas ante a Dirección Xeral de Mobilidade.