Que facemos
SOLUCIÓNS TECNOLÓXICAS
O uso de datos fiables é clave para a xestión e a planificación dos servizos de transporte. Transformamos grandes volumes de información en coñecemento útil e achegamos unha base obxectiva para a toma de decisións e a mellora do funcionamento dos sistemas.

Deseñamos e desenvolvemos solucións tecnolóxicas orientadas ao uso operativo da información, combinando a analítica de datos, o desenvolvemento de aplicacións e a visualización xeoespacial. Con este enfoque integramos fontes heteroxéneas, garantimos a calidade do dato e xeramos ferramentas útiles para o traballo diario.
Sistemas Intelixentes de Transporte (ITS)
Desenvolvemos e implantamos sistemas de axuda á operación, tecnoloxías de información ao viaxeiro e integración de plataformas de xestión.
Prestamos asistencia técnica na súa posta en marcha e explotación, asegurando a súa coherencia coas necesidades do servizo.
Analítica avanzada e xestión de datos
Tratamos e explotamos grandes volumes de información procedente de múltiples fontes, garantindo a súa calidade e consistencia.
Xeramos indicadores e modelos para identificar ineficiencias, detectar incidencias e apoiar a toma de decisións cunha base obxectiva.
Modelización e optimización
Desenvolvemos modelos de mobilidade e demanda, aplicando técnicas de optimización e simulación de escenarios.
Con este traballo analizamos alternativas e melloramos a planificación dos servizos desde unha base técnica sólida.
Cadros de mando e soporte á decisión
Deseñamos dashboards e sistemas de monitorización para o seguimento continuo da actividade.
Estas ferramentas facilitan a análise operativa e estratéxica e proporcionan información clara e actualizada para a toma de decisións.
Visores GIS e visualización xeoespacial
Desenvolvemos visores e plataformas web para analizar e visualizar información xeográfica de forma integrada.
Facilitamos a interpretación dos datos e a análise territorial mediante ferramentas adaptadas a cada proxecto.
Aplicacións web e desenvolvementos a medida
Desenvolvemos aplicacións específicas orientadas á xestión e á explotación da información.
Dixitalizamos procesos operativos e creamos contornos personalizados para mellorar a eficiencia e o control da actividade.
Automatización e procesamento de datos
Automatizamos fluxos de traballo e procesos de tratamento de datos mediante pipelines e procesos ETL.
Con isto reducimos a carga operativa, melloramos a eficiencia e garantimos a actualización continua da información.
Arquitectura tecnolóxica e contornos cloud
Deseñamos infraestruturas tecnolóxicas e xestionamos contornos de datos, incluíndo bases de datos e solucións cloud.
Integramos distintas tecnoloxías para asegurar a escalabilidade, a seguridade e a coherencia dos sistemas.