Un novo modelo de transporte para Murcia sen solapamentos nin sobrecustos

iPlan Movilidad, xunto con CTYM, deseña unha nova rede de transporte público por estrada que permita aos cidadáns de Murcia ter á súa disposición un sistema de transporte atractivo e actualizado para lograr a máxima eficiencia. No marco da Semana Internacional da Mobilidade de Murcia, David Fernández presentou o “Planteamiento de un nuevo modelo de transporte” e comentou, en representación da UTE, a necesidade de traballar de forma coordinada para establecer unha rede de transportes sen sobrecustos nin solapamentos, que cumpra coas necesidades da poboación.

O Ayuntamiento de Murcia convidou á UTE iPlan Movilidad-CTYM, con motivo da Semana Europea da mobilidade, a presentar en público os avances do proxecto de transporte para a cidade. Tamén se expuxeron as diferentes solucións propostas para sortear as dificultades que se xeraron na recompilación de datos, polas medidas de confinamento. Durante a presentación, fíxose fincapé na necesidade de traballar de forma coordinada coa administración autonómica para conseguir a óptima coordinación de servizos para cubrir as necesidades da poboación. Do mesmo xeito, salientouse a importancia que tiveron ata o momento os datos anonimizados de telefonía móbil para coñecer mellor a mobilidade do ámbito e como se está traballando para tentar minimizar a afección das medidas de redución de mobilidade nos resultados das enquisas telefónicas.

Reunión Murcia

Presentación daa evolución do proxecto aos grupos políticos do Ayuntamiento de Murcia.

Como conclusión, subliñáronse as fortalezas e debilidades da actual rede de transportes e os aspectos nos que traballar para alcanzar un modelo de transportes atractivo para o usuario e que tamén permita aumentar a cota de transporte público respecto da actual.

Ademais, realizouse unha sesión informativa cos grupos políticos con representación no Ayuntamiento para resolver as dúbidas e inquietudes, escoitar opinións e novas ideas para enriquecer as diferentes alternativas que se formulen.

 

 

 

Coñecer o sistema de partida

O deseño dun proxecto de Mobilidade eficiente para Murcia require coñecer en profundidade os patróns de mobilidade do termo municipal, polo que a UTE (Iplan Movilidad-CTYM)  propuxo a realización de diferentes estudos e traballos de campo. Estes, unen as tecnoloxías máis novas con accións máis tradicionais e combinadas, permiten coñecer aspectos para valorar o proxecto noutros ámbitos e ter unha visión máis completa da situación real da mobilidade no punto de partida. Neste sentido, utilizouse:

– A análise de datos anonimizados de telefonía móbil, para coñecer o valor absoluto de desprazamentos.

– Enquisas aos responsables das Juntas de Distrito e Pedanías, para saber a percepción do usuario sobre a rede de transporte público.

– Enquisas telefónicas para coñecer as preferencias modais dos potenciais usuarios.

Con toda esta información, ademais da obtida a través das Administracións e actuais operadores, a UTE ten o reto de presentar diferentes alternativas que resolvan as actuais deficiencias do sistema e que integren dúas redes con características moi diferenciadas.

Durante o mes de decembro está previsto presentar as alternativas cun modelo realizado con software especializado, así como a opción que fose elixida máis eficiente en vistas a desenvolvela.

 

iPlan Movilidad é unha empresa consultora especializada na planificación e xestión eficiente e eficaz da mobilidade a nivel integral e global. Desde as primeiras fases de deseño e planificación ata os procesos de implementación e negociación cos diversos axentes implicados. Forma parte de Tema Grupo Consultor e conta cun gran equipo humano multidisciplinar de economistas, enxeñeiros, xeógrafos e avogados con máis de 15 anos de experiencia no campo da consultoría de transporte e mobilidade, tanto no ámbito público como no privado..

iPlan Movilidad ten delegacións en distintas provincias de España (Santiago de Compostela, Madrid; Valencia, Las Palmas) para poñer en valor a cercanía ao cliente e así poder ofrecer unha resposta inmediata dun equipo con solvencia e experiencia.

Contacta con Iplan no teléfono 981 465 656 (Sede Central Galicia) ou no 914 132 163 (Madrid), ou envía un mail a temagc@temagc.com