Planificación do Sistema de Transporte Público de viaxeiros integrado coa prestación do transporte baixo demanda na zona de Conexión Interurbana e Pontevedra

CLIENTE

Xunta de Galicia

Ano

2016 – 2017

Mercado

Administracións Públicas

Servizo

Desenvolvemento de ferramentas de planificación da mobilidade, PMU’s, PTM’s, PTT

Actividades

O traballo consistiu no desenvolvemento da Fase I da reordenación e implantación do novo sistema de transporte público por estrada de uso xeral de Galicia na zona de Conexión Interurbana e Pontevedra, caracterizada pola renuncia de numerosos contratistas de transporte público no ámbito, o que obrigaba a que os novos servizos definidos debían estar en funcionamento en agosto de 2017. Para iso, realizáronse as seguintes actividades:
  • Diagnose da Situación Actual
  • Análise de Demanda non satisfeita
  • Plan de Comunicación e Participación Pública
  • Análise dos requisitos de xestión administrativa e Marco Normativo
  • Proposta de Bases do Novo Modelo de Servizos de Transporte Público, incluíndo a instrumentalización por primeira vez na Comunidade Autónoma do transporte baixo demanda e do transporte compartido
  • Redacción de contido mínimo dos Anteproxecto,s incluíndo o Plan de explotación e as correspondentes memorias económicas
  • Redacción de contido de Proxectos de Servizos
  • Redacción de Pregos de Condicións
  • Tramitación e aprobación dos servizos
  • Seguimento e análise do proceso de implantación