Plan de Transporte Público de Galicia, Plan de Transporte a demanda e proxectos de explotación resultantes da Área Noroeste da provincia da Coruña (Lote 1)

CLIENTE

Xunta de Galicia

Ano

2018

Mercado

Administracións Públicas

Servizo

Desenvolvemento de ferramentas de planificación da mobilidade, PMU’s, PTM’s, PTT

Actividades

O traballo consiste no desenvolvemento da Fase II da reordenación e implantación do novo sistema de transporte público por estrada de uso xeral de Galicia na área N-O Noroeste da provincia da Coruña, equivalente ao Lote 1. Nesta fase procédese a reordenar todos os servizos de transporte público por estrada de uso xeral da comunidade galega, coa particularidade de que estes son divididos en dous grupos que se desenvolverán en distintas fases:
  • Grupo 1 composto por 41 contratos, 37 contratistas e 799 liñas que ha de estar rematado en agosto de 2019.
  • Grupo 2 composto por 68 contratos, 54 contratistas e 593 liñas que ha de estar rematado en decembro de 2019.
Para iso realizaranse as seguintes actividades:
  • Diagnose da Situación Actual
  • Análise de Demanda non satisfeita
  • Plan de Comunicación e Participación Pública
  • Análise dos requisitos de xestión administrativa e Marco Normativo
  • Proposta de Bases do Novo Modelo de Servizos de Transporte Público, incluíndo a instrumentalización do transporte baixo demanda e do transporte compartido
  • Redacción de contido mínimo dos Anteproxectos, incluíndo o Plan de explotación e as correspondentes memorias económicas
  • Redacción de contido de Proxectos de Servizos
  • Redacción de Pregos de Condicións
  • Tramitación e aprobación dos servizos
  • Seguimento e análise do proceso de implantación