Difusión da Semana da Mobilidade 2020 por unha mobilidad sen emisións

Iplan Movilidad, cun equipo especializado e ampla experiencia no campo da consultoría de transporte e mobilidade, únese á difusión da Semana Europea da Mobilidade que se celebrará do 16 ao 22 de setembro.

A Semana Europea da Mobilidade coordinada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico é unha campaña dirixida a sensibilizar, tanto aos responsables políticos como aos cidadáns, sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche na cidade, tanto para a saúde públicca como para o medio ambiente; e os beneficios do uso de modos de transporte máis sostibles coma o transporte público, a bicicleta e ás viaxes a pe.

Iplan Movilidad participará en actividades para promocionar a mobilidade sostible que fomenta o desenvolvemento de boras prácticas e medidas permanentes porque cremos nunha mobilidade sostible. Por exemplo, colaboramos dunha forma máis directa nos Talleres de Villamayor de Gallego (Zaragoza) comprendidos dentro do seu Plan de Mobilidade e nos que se inclúen outras actividades do Consorcio de Transportes de Zaragoza. O día 16 de setembro participaremos de forma virtual no Taller Deseño urbano, cuxo obxectivo é reflexionar e formular dúbidas sobre o deseño urbano. Mentres, o luns 21 terá lugar o Taller Conectividade e xestión do aparcamento. Podes ver a programación completa aquí.

O tema elixido pola Comisión Europea para a campaña deste ano é “Por unha mobilidade sen emisións”. Esta temática reflicte o obxectivo de alcanzar a neutralidade nas emisións de carbón para o ano 2050, recollido no Pacto Verde Europeo.

Está iniciativa xurdiu en Europa en 1999 e a partir do ano 2000 contou co apoio da Comisión Europea. Celébrase cada ano, do 16 ao 22 de setembro.

Ademais, o 22 de setembro, dentro desta iniciativa europea, celebrarase o “Día sen Coche” que pretende atopar novas solucións aos problemas asociados ao aumento do tráfico nas cidades.