Enmarcado no Plan Impulsa Ames de EDUSI, de cofinanciación con fondos FEDER da Unión Europa, adxudicouse a IPLAN Movilidad a redacción do PMUS do Concello de Ames. Está previsto que se redacte o Plan nun máximo de seis meses e que sirva de guía para levar a cabo actuacións para a mellora do municipio en materia de: espazo público, medio ambiente, mobilidade e accesibilidade.

O equipo de IPLAN, con probada experiencia no desenvolvemento de PMUS, elaborará un documento tendo en conta aspectos estratéxicos importantísimos, como a redución das emisións e o uso enerxético responsable, a igualdade de xénero, a eficiencia dos desprazamentos e fomento do transporte público, entre outros. E é que debido ao forte incremento poboacional que experimentou o Concello de Ames nas últimas décadas é necesario un proceso de transformación e asentamento dos espazos públicos, os fluxos e conexións para os desprazamentos entre os núcleos de dentro e fóra do propio termo municipal. Para iso, realizarase unha análise exhaustiva da mobilidade para realizar actuacións que melloren a vida dos cidadáns e dean solución a distintas problemáticas.

Ames terá por primeira vez un Plan de mobilidade que lle axudará á reordenación do tráfico e o desenvolvemento dos núcleos urbanos. A implantación de rúas de dirección única e novos espazos de aparcadoiro serán aspectos importantes que revisará o Plan.

Para máis información, visita a web e as redes sociais do Concello de Ames.

https://www.concellodeames.gal/gl/novas/asinase-o-contrato-para-redaccion-do-plan-de-mobilidade-urbana-sostible-do-concello-de-ames

 

iPlan Movilidad é unha empresa consultora especializada na planificación e xestión eficiente e eficaz da mobilidade a nivel integral e global. Desde as primeiras fases de deseño e planificación ata os procesos de implementación e negociación cos diversos axentes implicados. Forma parte de Tema Grupo Consultor e conta cun gran equipo humano multidisciplinar de economistas, enxeñeiros, xeógrafos e avogados con máis de 15 anos de experiencia no campo da consultoría de transporte e mobilidade, tanto no ámbito público como no privado..

iPlan Movilidad ten delegacións en distintas provincias de España (Santiago de Compostela, Madrid; Valencia, Las Palmas) para poñer en valor a cercanía ao cliente e así poder ofrecer unha resposta inmediata dun equipo con solvencia e experiencia.

Contacta con Iplan no teléfono 981 465 656 (Sede Central Galicia) ou no 914 132 163 (Madrid), ou envía un mail a temagc@temagc.com