DESENVOLVEMENTOS DE FERRAMENTAS DE PLANIFICACIÓN DA MOBILIDADE, PMU’S, PTM’S, PTT

Son servizos destinados principalmente a Administracións Públicas de todo tipo, pero tamén para empresas privadas, que consisten na planificación ou análise da mobilidade dun ámbito determinado máis ou menos amplo (desde un barrio ata de escala nacional, pasando por cidades e áreas metropolitanas), ou incluso dun centro atractor específico.

En xeral, estes traballos consisten en facer un estudo previo da situación actual que permite establecer un diagnóstico do fenómeno. En base ao diagnóstico establécense uns obxectivos e deséñanse un conxunto de actuacións que perseguen alcanzar os ditos obxectivos. Así mesmo, estes plans adóitanse acompañar dunha definición dun plan de seguimento, un programa de desenvolvemento temporal e económico, e unha avaliación das medidas mediante diversas ferramentas entre as que destacan os modelos de transporte.
Entre os servizos específicos que forman parte desta categoría atópanse:
Plans de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS)
Plans de Transporte ao Traballo (PTT)
Plans de Transporte Metropolitanos
Plans de Mobilidade para Eventos

Vexa todas as nosas referencias en servizos de Ferramentas de Planificación

Clientes principais

Contacto

Queres saber máis?

Traballa no sector da enxeñaría? Para máis información contacte co noso equipo comercial en temagc@temagc.com ou chámenos ao +34 91 413 21 63

    Nombre (requerido)

    Apellidos (requerido)

    Tu correo electrónico (requerido)

    Empresa

    Mensaje

    Acepto los términos y condiciones del aviso legal