Background

Administracións Públicas

Ofrecemos ás institucións públicas, ben sexan estatais, autonómicas ou locais, servizos de consultoría e asistencia técnica na área da mobilidade urbana e interurbana, cubrindo desde aspectos concretos, coma a análise de modos específicos tipo o transporte público ou o tráfico, ata aspectos máis complicados coma a elaboración de plans de transporte público comarcais, reordenacións concesionais, plans de transporte metropolitano, plans de mobilidade urbana sostible, análise de viabilidade de novas infraestruturas, etc.

Principais Servizos

  • Estudos de Optimización ou mellora do tráfico urbano ou metropolitano
  • Estudos de demanda e ingresos de aparcamento público ou privado
  • Análise e planificación de zonas de estacionamento regulado (Zona ORA, SER…)
  • Estudos de demanda ou ingresos de servizos ferroviarios tanto urbanos como interurbanos, desde servizos tranviarios ata de alta velocidade
  • Estudos de demanda ou ingresos de servizos de transporte terrestre urbano, metropolitano e interurbano
  • Plans de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS)
  • Plans de Transporte ao Traballo (PTT)
  • Plans de Transporte Metropolitanos
  • Plans de Mobilidade para eventos
  • Plans de reordenación de sistemas de transporte
  • Elaboración de mapas concesionais
  • Asistencia técnica en control da prestación do servizo
  • Asistencia técnica para optimización da explotación
  • Estudos de avaliación de investimentos de infraestruturas viarias, ferroviarias, portuarias ou aeroportuarias
  • Análise custo – Beneficio de proxectos de transporte
  • Análise de viabilidade de invetimentos en transporte
  • Asistencia técnica en centros de xestión de tráfico
  • Oficina Municipal de Mobilidade
  • Observatorio da mobilidade urbana e/ou metropolitana
  • Asistencias técnicas de apoio á xestión dos servizos de transporte público

Contacto

Queres saber máis?

Traballas nalguna Administración Pública? Para máis información contacta co noso equipo comercial en  info@iplanmovilidad.com ou chámanos ao +34 981 112 800

    Nombre (requerido)

    Apellidos (requerido)

    Tu correo electrónico (requerido)

    Empresa

    Mensaje

    Acepto los términos y condiciones del aviso legal

    Clientes principais